Sábado, 6 de Maio de 2006
O Pegureiro e o Lobo - Estórias de Castro Laboreiro(1)
 O PEGUREIRO E O LOBO
 

Castro Laboreiro é o país da chuvia, do sol, do vento.
É tamén o país do granito, da neve, do desolado planalto, da carqueixa, do lameiro eternamente verde.
 o país da cultura popular. Un laboratorio etnográfico.
É o país dos traballos. Da emigración. So sacrificio. Das viúvas de vivos. Das ausencias. Dos azares e soños rotos.
É o país da saudade, do queixume, da esperanza, das ansias de plenitude.
É o país onde a historia se torna estória.
É, porfin, o principio do mundo: O MUNDO. É no principio do mundo que nace, en 1941, Manuel Domingues. A dura experiencia do traballo agro‑pastoril márcao profundamente. Comeza a estudar ciencias sociais, terminando os cursos en París como bolseiro do goberno francês. Foi talvez o primeiro crastexo residente en Franza, non sendo emigrante "strictu sensu". Cumpre o servizo militar en África, relatando en libro a terribel experiencia. Crea, por volta de 1960 a sección "Página de Castro Laboreiro" no jornal "Notícias de Melgaço". Profesor universitario, xestor e consultor de grandes empresas, chega a ser secretario xeral do ministerio de agricultura. Progresivamente, volta à súa (nosa) terra. Na actualidade, xunto con Américo Rodrigues, dirixe o Núcleo de Estudos e Pesquisa dos Montes Laboreiro, organizando as xa míticas xornadas e relatorios de investigación que se celebran todos os meses de Agosto na Vila de Castro. Editan a revista "Porto dos Cavaleiros".
"O Pegureiro e o Lobo" non é apenas un relato. É MITOLOXIA Co estilo e coa intencionalidade dos clásicos gregos, relata, por veces en primeira, por veces en terceira persoa o percurso vital do autor. Como Ulises na Odisea, e tamén como o capitán Willard de Apocalypse Now, a vida de Manuel Domingues é un espello onde se reflicten os secretos desejos, anceios, temores, esperanzas e mesmo as dúbidas da condición humana.
O marco é para nós, os arraianos, moi familiar. Cunha linguaxe directa e sinxela, nos fala das súas raíces personais, do duro traballo na terra, da forxa do seu carácter. Fálanos do seu enfado após a lectura dalgún artigo sobre os crastexos, cheo de preconceptos e menosprezo. Saberemos dos seus problemas para fundar un pequeno jornal sobre a súa (nosa) terra, e das promesas sagradas antes de iniciar o seu periplo estudiantil e militar. Coñeceremos París, e as lamentábeis condicións de vida dos emigrantes portugueses. Con el haberemos ir à Bretaña a Italia...
É porfin o relato da loita eterna dos homes coa vida, contra ese LOBO que tan totemicamente encarna os particulares e diabolicos fantasmas arraianos: A falta de espazo (mental) público, a non inscrición dos factos na historia, o arcaísmo posmoderno, o curtoplacismo, a pequenez, a improvisación, o horror vacui, a lentitude, a violencia oculta.... O MEDO.                          XULIO MEDELA                                                                                                                              ARRAIANOS             IV 2005
 
 
 
 


publicado por crastejo às 00:56
link do post | comentar | favorito
|

mais sobre mim
pesquisar
 
Setembro 2007
Dom
Seg
Ter
Qua
Qui
Sex
Sab

1

2
3
4
5
6
7
8

9
10
11
12
13
14
15

16
17
19
20
21
22

23
24
25
26
27
28
29

30


posts recentes

A Vingança da PIDE e O Pa...

Castro Laboreiro - Desert...

O Pegureiro e o Lobo

O Pegureiro e o Lobo - Es...

O Pegureiro e o Lobo - Es...

arquivos

Setembro 2007

Maio 2006

links
participar

participe neste blog

Fazer olhinhos
blogs SAPO
subscrever feeds